Pechamos a segunda tempada do falangullo con Ángeles Pardo Fontán.
Casualidades fixeron que nacera en Marín, mais A Coruña foi a cidade na
que se criou e Vigo -en concreto A Garrida- onde reside desde hai
décadas. Estudou no colexio da Compañía de María e logo foi até
Compostela para cursar o que agora coñecemos como Traballo Social.
Ángeles comezou a súa andaina profesional en Madrid. Foi testemuña do
nacemento e evolución da actual Seguridade Social.
Ángeles é unha muller de fe, que lle da moita importancia á
espiritualidade. Ela, xunto a Fernando o seu marido desde os 24 anos,
chegaron a Coia tras deixar Madrid. No barrio coñeceron á comunidade do
Cristo da Vitoria da man de Manolo, un dos frades dominicos. Xunto a
moitas Ángeles leva anos pulando por unha igrexa popular comprometida
coa xustiza.
Conversamos con ela sobre o independentismo galego, co que entrou en
contacto a través das súas fillas. En todo momento, e con moita
sufrimento, respectou unha loita duramente reprimida e violentada. Ao
mirar a eses anos fai un aceno de agarimo e manifesta o moito que
aprendeu desa loita.
Despedimos a entrevista con "Tempestades de Sal" de Sés, canción que pecha unha fermosa conversa con Ángeles.